Menu

http://manxares.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/SlideShow.Erica-Melgk-is-1.jpglink
http://manxares.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/SlideShow.Melgk-is-1.jpglink
http://manxares.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/SlideShow.O-Lar-de-Celiagk-is-1.jpglink
http://manxares.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/SlideShow.Sabores-de-Santisogk-is-1.jpglink
http://manxares.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/SlideShow.Bacallaos-Boadogk-is-1.jpglink
http://manxares.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/SlideShow.Tomates-Melisantogk-is-1.jpglink
A+ A A-

Desde o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo dámosvos oficialmente a benvida a manxares.com!!

Comezaremos por presentarnos, se é que aínda non nos coñecedes, o GDR Ulla Tambre Madeo é unha asociación sen ánimo de lucro, formada por distintas entidades sociais do territorio, públicas e privadas, encargada da xestión do Programa de Axudas Europeo Leader 2007-2013 nas comarcas de Arzúa (Arzúa, Boimorto, Touro e O Pino), de Melide (Melide, Santiso, Toques e Sobrado) e nos concellos de Curtis e Vilasantar.

Ó igual que os restantes trinta Grupos que conforman o resto do mapa de Galicia a nosa labor e obxectivo principal é conseguir avanzar no desenvolvemento do rural galego a través da diversificación da economía, innovando non só no sector agrario senón tamén no resto de actividades económicas dos territorios, e mellorando a calidade de vida dos seus habitantes. Como parte desta función, se amosa ó mundo a riqueza agroalimentaria da zona a través de manxares.com

Hai unha gran variedade e calidade de produtos agroalimentarios no territorio, e creouse esta páxina para que poidades recoñecelos e comezar a gozar deles vós tamén. Agardamos que con este espazo poidades diferenciar e coñecer os nosos produtos e, se con só velos xa se vos fai a boca auga, lembrade que podedes visitar o espazo de O Teu Horticultor Ideal, o servizo de venda de cestas a domicilio onde están dispoñibles a maioría dos produtos deste escaparate.

Sede benvidos e benvidas, bo proveito!!!

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo.