Menu

A+ A A-

Se vives na Coruña podes alimentarte de unha maneira sana e natural. O Teu Horticultor Ideal pon na túa mesa produtos da horta frescos, con todo o sabor de sempre e con toda a calidade do traballo ben feito.

¿Quen somos? O Teu Horticultor Ideal é unha iniciativa posta en marcha de xeito conxunto pola Cooperativa Melisanto e SAT Fungocerga, que nace en 2012 a raíz de unha actividade promovida polo Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo.

¿Qué facemos? Levamos a o teo fogar os nosos mellores produtos, directamente apañados das nosas hortas. A nosa relación comercial baséase na estabilidade, o trato directo e a confianza.

¿Qué ofrecemos? Verduras de tempada, que medran nas nosas hortas, cogomelos silvestres, shiitake e froitos do bosque. Ademais de verduras e hortalizas, a través do noso correo, agora tamén podes pedir outros produtos melidenses: galos de curral, queixos, embutidos e doces.

¿Cómo funciona? Se queres recibir unha cesta de verduras no teu fogar cada semana, tes que poñerte en contacto con nós ( huerta@melisanto.com). Cada venres recibirás un correo electrónico coas verduras dispoñibles para cada semana. Tes ata o martes para facer un pedido mínimo de 15€. Todas as verduras están na horta ata o derradeiro minuto, e o xoves, en menos de dúas horas dende que son apañadas, chegarán ao teu fogar. Así de sinxelo, “da nosa horta a túa mesa”

 Tamén están habilitados puntos de reparto nos concellos de Curtis e Betanzos. Se vives nestas vilas e che interesa comer sano e saboroso, podes contactar coa Cooperativa Melisanto para obter máis información: 606 929 353