Menu

A+ A A-

 O territorio de Manxares é o fogar de empresas pioneiras na recollida ou cultivo e comercialización dos produtos que ofrecen os seus bosques, sobre todo cogomelos e pequenos froitos do bosque. Dentro dos cogomelos comercialízanse distintas variedade en fresco ou en conserva, xa sexan silvestres como é o caso dos boletus ou xa sexan froito dunha inoculación ecolóxica como é o caso do shiitake, sumamente saboroso e apropiado para guisos e arroces.

 Dentro dos pequenos froitos do bosque poden mercarse: amoras, arandos, grosellas vermellas ou negras e framboesas. Tamén dentro da gama destes produtos poden atoparse silvestes ou cultivadas, pero sempre de maneira natural.

 Os principais produtores son a SAT Fungocerga de Melide e a empresa Xaneiro, localizada en Toques; ambas contan cunha gran experiencia no sector e cun alto grado de satisfacción dos seus clientes.