Menu

A+ A A-

Os melindres de Melide, como os ricos e almendoados, fan as delicias da xente da Vila e dos peregrinos e peregrinas.

Melide non sería o mesmo sen estes elaborados doces como o reflicte o feito da existencia, desde fai máis de dous anos, da Asociación de Repostería Tradicional: Melide terra doce.

Esta Asociación, formada por catro senlleiros elaboradores como son Pastelería Estilo, Trisquel, A Tahona e Casa Melchora; traballan sen descanso por exaltar e dar a coñecer estes marabillosos doces evitando que se perda a súa tradición e colaborando activamente cada ano na organización da Festa do Melindre.

O obxectivo está conseguido xa que son moitos máis os negocios nos que se poden atopar estes doces; como a panadería Tarrío, a panadería Toques e a panadería Pita.

Repostería tradicional de Melide. Ricos, Melindres e Almendoados

Resultados 1 - 3 de 3