Menu

A+ A A-

Bacalaos Boado aposta por realizar un traballo que resulte familiar e próximo ao cliente, con cortes e formatos especiais para o consumidor. O bacallau provén principalmente de Islandia e Faroe onde as frías augas do Atlántico Norte lle dan ao produto o seu característico sabor.

Bacalaos Boado preocúpase en todo momento pola calidade, controlando as capturas e contratando aqueles provedores que realizan unha pesca medioambientalmente sostible.

Os seus vinte anos de experiencia no sector reflicten á filosofia baseada na máxima “ esiximos aquelo que quereríamos como clientes: bacallau saboroso e con todas as súas propiedades”.

Enderezo: Rúa Foro, 104, 15807 Foro, A Coruña

Teléfono: 981 77 82 49