Menu

A+ A A-

Os embutidos de Manxares teñen a súa orixe na empresa Aldea de Barrio SL, recentemente posta en marcha e situada no concello de Sobrado dos Monxes.

Os porcos de raza landrá-duroc que logo se utilizarán para elaborar estes produtos críanse en liberdade; contan con 10 hectáreas de pasto, castiñeiros e carballos para a súa alimentación, o que fai que a carne e os seus embutidos teñan un sabor e textura auténtico e diferente.

Na actualidade comercialízanse chourizos, salchichóns e outros produtos como a panceta, dado o éxito entre os consumidores.

Enlace á páxina web de Aldea de Barrio