Menu

A+ A A-

Outro dos produtores apícolas con máis sona no territorio de manxares é o Enredo do abelleiro, non só polos seus produtos de excelente calidade senón tamén pola súa labor divugativa e formativa no Museo Vivente do Mel, a carón do embalse de Portodemouros.

A alma desta empresa, Isidro Pardo, coa súa dedicación e amor polo mundo apícola, fixo do Museo Vivente do Mel e do Enredo do Abelleiro un recurso turístico e un reclamo agroalimentario único no concello de Arzúa e no territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo.

Coa marca do Enredo do Abelleiro poden mercarse distintos produtos apícolas elaborados artesanalmente e de forma natural ademais do seu famoso mel de distintas variedades: mel con noces, mel de eucalipto, etc.

No referente a servizos, o Museo Vivinte da Mel organiza de continuo eventos formativos e divulgativos ós que poden asistir todas aquelas persoas que o desexen: charlas, cursos, xuntanzas e seminarios.

Enlace á páxina web Enredo do Abelleiro