Menu

A+ A A-
 

Casa Alongos é unha empresa de distribución procedente da zona de O Ribeiro – Ourense. Instálase en Melide nos anos 50, continuando na segunda xeración coa distribución de viños, produtos ecolóxicos e unha gama propia de licores artesanais de elaboración tradicional.

 

No seu establecemento, situado no Km 51 do Camiño de Santiago ao seu paso por Melide, desenvolve actividades de cata e degustación dentro de un proxecto co nome de “VINOS Y SENTIDOS”. Este proxecto consiste en armonizar viños e licores con distintos elementos culturais e artísticos.

 

A súa labor foi recoñecida no ano 2010 como “experiencia ejemplar” pola Fundación Félix Rodríguez de la Fuente.