Menu

A+ A A-

No territorio de Manxares existen produtos únicos e exclusivos como son os postres artesanos de O Lar de Celia.

Celia, a súa creadora, elabora toda unha gama de sobremesas a base de cremas vexetais e sen ningún tipo de aditivo ou conservante. Como ela mesma explica, o motivo da creación destes postres foi “atopar un doce apto para todas aquelas persoas que tiveran algún tipo de intolerancia alimenticia como pode ser o caso da intolerancia á lactosa ou ó gluten”, ó mesmo tempo tamén o poden consumir aquelas persoas estritamente vexetarianas (dieta vegana).

Froito da súa investigación e traballo ofrece ata oito sabores diferentes na súa gama de postres: cremoso limón, fresas golosas, fresco-café e moitos máis.