Menu

A+ A A-

 No concello de Arzúa, no Centro de Divulgación do Queixo e do Mel, ten as súas instalacións a Cooperativa Erica Mel. O nome da cooperativa é un recoñecemento á erica, a planta melífera galega por excelencia. Está moi estendida polos nosos montes e, dende tempos inmemoriais é a fonte máis xenerosa dos noso meles escuros, que tanta sona alcanzan alén da nosa comunidade. A súas cores características, que van dende o branco da variedade arbórea ate o fermoso violeta da cinérea, enchen de viveza as zonas silvestres onde florecen.

 Erica Mel, creada no ano 1990, aglutina máis de 300 socios apicultores, moitos dos cales teñen a súas colmeas no territorio de manxares. Os seus produtos (mel de distintas variedades, cera, pole, xelea real, cera, bálsamos, etc.) véndense directamente ó consumidor coa marca personalizada "Mel das miñas colmeas".
 O Centro no que se envasa a súa mel é tamén referencia tanto na formación coma na innovación apícola, posto que ao longo do ano se desenvolven aquí distintos actos e xuntanzas, xa que conta co seu propio espazo museográfico.