Menu

A+ A A-

O Queixo D.O.P Arzúa-Ulloa, é o queixo que desde sempre se elaborou nas bisbarras do centro de Galicia, incluído o territorio do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo. Neste recanto foi onde os queixeiros e queixeiras souberon transmitir de xeración en xeración o xeito de facer o mellor queixo co mellor leite das súas vacas.

Ademais do Arzúa-Ulloa propiamente dito, existen outras dúas variedades: o Arzúa-Ulloa de Granxa (feito exclusivamente co leite da explotación que o elabora) e o Arzúa-Ulloa curado, caracterizado polos máis de seis meses que dura o proceso de maduración.

Pode atoparse este manxar en calquera das queixerías D.O.P Arzúa-Ulloa do Ulla Tambre Mandeo:

ARQUESÁN
TOURO
RUTA XACOBEA
O PINO
TERRA DE MELIDE
MELIDE
QUEIXERÍA VARELA
SANTISO
QUEIXERÍA ARZUANA
ARZÚA
QUEIXERÍA BARRAL
ARZÚA
QUEIXERÍA BAMA
TOURO
QUEIXOS O BREXEO
SOBRADO
QUEINAGA
CURTIS
QUEIXERÍA SÁNCHEZ MILLARES
BOIMORTO

Queixo D.O.P Arzúa-Ulloa

Resultados 1 - 1 de 1