Aldea de Barrio

logo-aldea-de-barrio

Aldea de Barrio é unha empresa especializada na cría e ceba de porcos en liberdade e na elaboración de embutidos e despezamento de salados coa carne de destes animais. O trato e laimentación da nosa piara está baseado no aproveitamento dos recursos naturais(pasto, cereais, castañas e landras) determinantes para incorporar á carne tanto a textura como o exquisito sabor dos nosos embutidos.

A cria dos porcos realízase en total liberdade nas nosas terras de Grisalba no Concello de Sobrado dos Monxes, nunha finca con unha extensión de 12 hectáreas. 

Os coidados procesos de elaboración e curado baseanse nas técnicas tradicionais, o que lle confire aos nosos produtos un elevadísimo nivel de calidade e un sabor insuperable.