O Enredo do Abelleiro

enredo-doabelleiro

O Museo de Enredo do abelleiro nace co obxectivo de ofrecer a sociedade unha perspectiva da historia da actualidade da apicultura galega. No seu interior pódense admirar a produción de unha albariza cha de curtizos, trobos e cobos e unha alacea tradicional que nos traslada ao xeito que tiñas de cultivar a mel os nosos antergos. Tamén conta con un apiario moderno composto por colmeas movilistas.

No seu interior ademais de unha exposición fotográfica permanente sobre o mundo das abellas, se poden seguir os procesos de extracción, decantación e embasado da mel en tres modernas salas. Así mesmo, un laboratorio dotado coa tecnoloxía máis avanzada permite facer análises para coñecer as calidades das distintas variedades de mel.

Ao mesmo temo, os visitantes poden adquirir os distintos produtos naturais derivados dos cultivos das abellas: mel, polen, xalea real, cosméticos, etc, que están a venda nunha sección do museo.

No referente á formación, o Museo Vivinte da Mel organiza de continuo charlas, cursos, xuntanzas e seminarios adicados aos amantes da apicultura nunha sección do museo.

Visitar O Enredo do Abelleiro é unha ocasión excepcional de coñecer de coñecer o mundo das abellas e da mel para ás familias, escolares, consumidores e todos aqueles que desexan satisfacer a súa curiosidade en esta apaixonante actividade de tradición ancestral.