Menu

A+ A A-
zoom

Galo de Curral

Elaborador: Sabores de Santiso
  • Descrición do produto

Dúas son as razas de galos que se crían en Sabores de Santiso, unha pequena granxa situada na aldea de Pezobrés: a principal raza autóctona de Galicia,"Galiña de Mos",e outra propia da casa.

Son galos mimados e moi coidados dende que son uns poliños, ata convertérense en auténticos manxares das mesas máis esixentes e dos restaurantes máis selectos. Estes animais son criados nun réxime de semiliberdade, isto fai que o seu crecemento sexa lento, pero teña como resultado unha carne que sendo rica en ferro, proteínas e baixa en graxa, sexa coñecida e valorada por todos os amantes da boa carne.

O manexo da granxa faise en módulos de 500 metros cadrados de terreo, cun galiñeiro no que os 25 polos cando por razóns de climatoloxía non poden saír o exterior, teñen sitio para correr ou voar.

Os galos comercialízanse envasados ao baleiro para garantir a máxima hixiene e calidade, enteiros ou en anacos, ao gosto do consumidor.

Manxares.com. A súa web de produtos de calidade.