Menu

A+ A A-
zoom

Melindres

Elaborador: Panadería Estilo
  • Descrición do produto

Os melindres son rosquillas pequenas ás que se lles da un baño de xarope de azucre.

A calidade dos ingredientes do melindre melidao é suprema: fariña de trigo, ovos caseiros, manteigas de vaca cocida e xarope de azucre.

Para súa elaboración, amasaranse as xemas dos ovos, a manteiga (logo de deluida e arrefriada) e a fariña, córtanse tiras e dáselles forma cilíndrica.

Colócanse nunha bandexa e métense ao forno uns 20 minutos a 230 graos de temperatura. Haberá que deixar pasar un ou dous días para bañalos en xarope de azucre, dándolle voltas ata que comencen a pegarse entre eles.

Poden conservarse un mes en boas condicións mantendo o seu exquisito sabor

Manxares.com. A súa web de produtos de calidade.